Proxecto de explotación e o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Penas do Cal nº 46 - A Pastoriza
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentos relacionados
- Proxecto de explotación e Anexo, Plan de Restauración Penas do Cal nº 46
Anuncios en el DOG
- RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Penas do Cal número 46, situada no termo municipal da Pastoriza da provincia de Lugo.