RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Monterrey número 204, situada no termo municipal de Vilalba, na provincia de Lugo

Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias

Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 30/10/2020 - 11/12/2020

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopan ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/ transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos relacionados

Anuncios en el DOG