RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2021 pola que se corrixen erros da Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección C) denominada Mondoñedo número 5767.1, situada no termo municipal de Abadín, na provincia de Lugo.
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 03/09/2021 - 18/10/2021
Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración estarán ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefatura territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentos relacionados
- Proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental, plan de restauración e anexos
Anuncios en el DOG
- RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2021 pola que se corrixen erros da Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección C) denominada Mondoñedo número 5767.1, situada no termo municipal de Abadín, na provincia de Lugo.