RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Costal Vello número 147, no termo municipal de Láncara

Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias

Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 01/12/2021 - 14/01/2022

Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos relacionados

Anuncios en el DOG