Acordo do 14 de outubro de 2020 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do Parque eólico O Cerqueiral nos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba (A Coruña), (exp.IN408A 2019/15).
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 12/11/2020 - 31/12/2020
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Proxecto de Execución (febreiro 2019- visado 09/09/2020)
- Planos individuais dos previos afectados (RBDA setembro 2020-asdo.28/09/2020)
- Estudo de Impacto Ambiental (marzo 2020-asdo. 11/09/2020)
- Proxecto Sectorial (maio 2020- visado 09/09/2020)
Anuncios en el DOG
- ACORDO do 14 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico O Cerqueiral nos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba (expediente IN408A 2019/15).