Acordo do 21 de xuño de 2021 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto da Liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66kV Lagoa I e II- Nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña), (expediente: IN408A 2019/08).
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 02/07/2021 - 12/08/2021
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Proxecto de execución LPTAT+SET (xullo 20- visado o 10/09/2020)
- Aclaración ao proxecto do 07/06/2021
- Planos individuais
- Estudo de impacto ambiental LPTAT+SET (setembro 20-asinado o 18/09/2020)
- Proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico)LPTAT+SET (abril 20- visado o 10/09/2020)
Anuncios en el DOG
- ACORDO do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto da liña e posición de transformación de alta tensión evacuación 66 kV Lagoa I e II, nó B, nos concellos de Zas e Santa Comba (A Coruña) (expediente IN408A 2019/08).