ACORDO do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) en relación co proxecto do Parque Eólico Piago e a súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro (expediente IN408A 2020/25)
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 07/07/2021 - 17/08/2021
A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 51 e 982 88 90 87), así como nos Concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro.
Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do seguinte enlace:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/piago
O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, na Xefatura Territorial da Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Documentos relacionados
- Proxecto de execución, estudio de impacto ambiental, proxecto sectorial e arquivo hape do Parque e da Liña
Anuncios en el DOG
- ACORDO do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) en relación co proxecto do Parque Eólico Piago e a súa infraestrutura eléctrica de evacuación, nos concellos de Cervo, Xove, Viveiro e O Valadouro (expediente IN408A 2020/25).