Acordo do 24 de marzo de 2022 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Alto da Croa, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña), (exp. IN408A 2020/154B).
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 11/04/2022 - 24/05/2022
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Modificado substancial do PROXECTO DE EXECUCIÓN (xuño 2021-vsdo 24/06/2021)
- Plano Xeral do proxecto do Parque Eólico
- Estudo de Impacto Ambiental (EIA) (outubro 2021-asdo.27/10/2021)
- Proxecto de Interese Autonómico (PIA) (outubro 2021-asdo.25/10/2021)
Anuncios en el DOG
- ACORDO do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Alto da Croa, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/154B).