ACORDO do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) e o estudo de impacto ambiental (EIA) do parque eólico Varilongo, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente IN408A 2020/089), e a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da LMTS 20 kV de evacuación do parque eólico Varilongo, no concello de Santa Comba (expediente IN408A 2021/048)
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 13/06/2023 - 24/07/2023
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- O proxecto de execución do parque eólico (maio de 2020-asdo. o 4.5.2023
- Plano xeral do proxecto do parque eólico
- O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) (maio de 2020-asdo. o 8.5.2023)
- O estudo de impacto ambiental (EIA) (abril de 2022-asdo. o 8.5.2023)
- O proxecto de execución da LMTS 20 Kv de evac. do parque eólico (outubro de 2021-vsdo. o 3.11.2021)
- Plano xeral da LMTS 20 kV evacuación do parque eólico
Anuncios en el DOG
- ACORDO do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PIA) e o estudo de impacto ambiental (EIA) do parque eólico Varilongo, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente IN408A 2020/089), e a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da LMTS 20 kV de evacuación do parque eólico Varilongo, no concello de Santa Comba (expediente IN408A 2021/048)