ACORDO do 30 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación de almacenamento de enerxía eléctrica mediante baterías e a súa infraestrutura de evacuación, no concello de Lousame (expediente PB 11/2025).

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 10/10/2026 - 24/11/2026

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme o establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Os documentos que as persoas interesadas dirixan aos órganos das administracións públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da administración ou organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 da lei 39/2015

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG