ACORDO do 3 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de almacenamento de enerxía eléctrica mediante baterías denominada GRX Belesar I e a súa infraestrutura de evacuación, no concello de Chantada (expediente PB 13/2025).

Estado actual: en fase de envío de suxestións

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rúa Ronda Muralla, núm. 70-Baixo 2, 27071 Lugo),  conforme o establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Os documentos que as persoas interesadas dirixan aos órganos das administracións públicas poderán presentarse:

a) No rexistro electrónico da administración ou organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 da lei 39/2015

b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG