Política de privacidade da aplicación móbil "Mercados e prazas de Galicia"

Compartir
Actualizado o: 06 marzo 2017

"Mercados e prazas de Galicia" é unha aplicación desenvolvida pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia para dar a coñecer as principais prazas, mercados e feiras de Galicia.

Para o seu funcionamento, a aplicación fai uso de elementos do terminal que requiren os seguintes permisos:

  • Posición: aproximada ou precisa.
  • Teléfono: consultar a identidade e o estado do teléfono.
  • Fotos/multimedia/arquivos: ler, modificar ou eliminar o contido do almacenamento USB.
  • Almacenamento: ler, modificar ou eliminar o contido do almacenamento USB.
  • ID de dispositivo e datos de chamada: consultar a identidade e o estado do teléfono.
  • Outros: ver conexións de rede e acceso completo á rede.

A aplicación emprega estes permisos exclusivamente para o seu correcto funcionamento á hora de posicionar ao/á usuario/a, de amosar os datos dos mercados e de optimizar a descarga de novas desde internet para reducir o consumo de datos.

En ningún caso se recollen ou empregan estes datos con outra finalidade que non sexa a comentada anteriormente.

Se desexa algunha aclaración pode contactar coa Dirección Xeral de Comercio a través dalgún dos medios indicados na sección de contacto da aplicación.