RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración presentados para a explotación de recursos da sección A) denominada Lavapiés número 10, situada no termo municipal de Mondoñedo, na provincia de Lugo

Compartir
Actualizado o: 31 maio 2022

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 19/04/2022 - 31/05/2022

Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e documentación anexa atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial de Lugo