Plan de labores de actividades mineiras
Segundo o artigo 34 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, as persoas titulares de dereitos mineiros das seccións A), C) e D) deben presentar anualmente un plan de labores para a súa aprobación polo órgano mineiro competente.
Este plan de labores revélase como unha ferramenta útil a través da cal as persoas titulares das explotacións mineiras dan conta, entre outras cousas, da súa actividade de investigación, de aproveitamento e de restauración, e a Administración con competencia en minaría pode controlar o desenvolvemento da actividade mineira.
Enlaces relacionados
Normativas relacionadas
- Resolución do 22 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se aproba e se fai público o modelo de presentación do Plan de labores de actividades mineiras (código de procedemento IN329A)
- Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia