Biografía da conselleira

Biografía da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana Somoza.

Naceu na Coruña en 1981. É licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña (2004), ten un curso superior de Dereito Autonómico polo Instituto de Dereito Público de Barcelona e é Colexiada de Honor do Consello Xeral de Graduados Sociais de España. Posúe o certificado CAE de inglés pola Universidade de Cambridge e o de francés B1 pola Alianza Francesa.

En 2007 entra a formar parte da escala de Letrados da Xunta de Galicia por oposición libre, ocupando distintos postos na área de Asesoría Xurídica, entre eles na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e na Asesoría Xurídica Xeral.

Desde novembro de 2011 e ata febreiro de 2013 é asesora xurídica de Presidencia, data na que é nomeada secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar. En outubro de 2015 ponse á fronte da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, cargo que ostenta ata que en 2018 é nomeada secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural.

En setembro de 2020 é nomeada conselleira de Emprego e Igualdade e en xuño de 2023 conselleira de Economía, Industria e Innovación. Tras as últimas eleccións autonómicas, en febreiro de 2024, Alfonso Rueda elíxea para dirixir a Consellería de Economía e Industria, cargo que ocupa na actualidade.