Acordo do 21 de decembro de 2021 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Braña Ancha, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (A Coruña), (exp. IN408A 2020/21).
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 29/12/2021 - 10/02/2022
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Proxecto Execución (decembro 2021-vsdo 13/12/2021)
- Plano Xeral do proxecto do Parque Eólico
- Estudo Impacto Ambiental (xullo 2021-asdo 14/07/2021)
- Proxecto de Interese Autonómico (abril 2021-vsdo.10/06/2021)
Anuncios en el DOG
- ACORDO do 21 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Braña Ancha, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente IN408A 2020/21).