Acordo do 10 de decembro de 2021 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (A Coruña), (exp. IN408A 2018/26).
Estado actual: cerrada a fase de envío de sugerencias
Plazo en el que estuvo abierta la consulta: 21/12/2021 - 03/02/2022
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Proxecto Execución (setembro 2021-vsdo.25-10-21)
- Plano Xeral do proxecto do Parque Eólico
- Estudo de Impacto Ambiental (EIA) (outubro 2021-asdo.28/10/2021)
- Proxecto Sectorial (outubro 2021-vsdo.28/10/2021)
Anuncios en el DOG
- ACORDO do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (expediente IN408A 2018/26).