ACORDO do 9 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto construtivo, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental para o acrecentamento do depósito de lodos vermellos a cota 110, situado no termo municipal de Xove, na provincia de Lugo, promovido por Alúmina Española, S.A.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta : 16/02/2026 - 31/03/2026
Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental estarán ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacionsmineiras
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentos relacionados
- Proxecto constructivo, plan de restauración e estudo de impacto ambiental
Anuncios no DOG
- Anuncio publicado no DOG o día 13.02.2026