Un viveiro industrial de empresas é un espazo físico para o nacemento de novas empresas de carácter industrial no cal se ofrecen as condicións e os servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación das empresas durante un tempo limitado.
Os viveiros industriais de empresas son apoiados pola Xunta de Galicia desde o 2016 a través de convocatorias de subvención para a súa creación destinadas aos concellos galegos. Actualmente, a rede está formada por 22 viveiros.
MANIFESTACIÓN DE INTERESE PARA A CONSOLIDACIÓN E DINAMIZACIÓN DA REDE DE VIVEIROS INDUSTRIAIS DE GALICIA
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dispón a apertura dunha convocatoria de Manifestación de Interese (MdI) co obxectivo de poñer en marcha unha estratexia de apoio á consolidación e dinamización da Rede de viveiros industriais de Galicia.
A través desta estratexia preténdese potenciar e dinamizar a rede, fortalecendo e mellorando non só os viveiros de titularidade municipal constituídos en virtude das devanditas convocatorias de axuda, senón tamén incorporando aquelas iniciativas privadas ou públicas que poidan ter a consideración de viveiro industrial.
Deste xeito, o obxectivo desta MdI, dirixida tanto ás entidades da administración local como a empresas, agrupacións industriais empresariais, asociacións sen ánimo de lucro e entidades públicas, é que calquera axente interesado poida achegar suxestións de mellora, así como consultar ao mercado en relación con aqueles proxectos similares susceptibles de ser apoiados e integrarse na rede.
En concreto, trátase de identificar dous tipos de necesidades, de cara a deseñar os instrumentos de apoio necesarios para a súa posta en marcha: