O Mapa Industrial de Galicia deséñase como unha ferramenta cunha dobre finalidade: proporcionar información e ofrecer apoio estratéxico.

  • Obxectivo de información: amosar unha visión obxectiva e xeolocalizada do territorio galego que reflicta a situación actual dos sectores industriais e dos servizos de apoio á industria en Galicia.

  • Obxectivo de apoio: fomentar o crecemento de proxectos industriais xa existentes, promover sinerxías entre sectores e facilitar a implantación de novas iniciativas industriais.

Ademáis, o Mapa Industrial incluirá información relevante sobre as infraestruturas esenciais e necesarias para a posta en marcha de proxectos industriais.