Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de abril de 2019, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Serra do Punago-Vacariza como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

Aprobación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Serra do Punago-Vacariza, nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira (Lugo), promovido por Fenosa Wind, S.L. 

De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o acordo do 5 de decembro de 2002, os planeamentos nos concellos de Castroverde, Baralla e Baleira quedan vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

 

Documentos relacionados

Anuncios no DOG