Resolución do 4 de xullo de 2019, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro, do proxecto do parque eólico Miñón, sito no Concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U. (IN408A 2017/07).

Declaración da utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do
parque eólico Miñón, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26
de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos
bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación aos
efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954
(BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Declaración da compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro concesión
de explotación Baio Fracción primeira núm. 6950.1.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG