RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de agosto de 2019, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Miñón como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

Aprobación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado proxecto sectorial do parque eólico Miñón, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña). Xullo 2019, promovido por Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.

De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento no Concello de Vimianzo queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG