RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de decembro de 2019, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico A Ruña II, sito no concello de Mazaricos (A Coruña) e promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. (IN661A-2010/010-1), e se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico A Ruña II como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, de acordo co previsto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Outorgamento da autorización administrativa previa para o parque eólico A Ruña II, sito no concello de Mazaricos (A Coruña) e promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U., para unha potencia de 21 MW.

Outorgamento da autorización administrativa de construción para o Proxecto de execución modificado segundo parque eólico A Ruña II. Abril de 2018 asinado polo enxeñeiro industrial Enrique Fernández Olea, colexiado nº 574 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).

Aprobación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Proyecto sectorial parque eólico A Ruña II. Outubro 2019, promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG