PROGRAMA CPI DA INDUSTRIA E DA ENERXÍA DE GALICIA
Desde a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación, poñemos en marcha un programa de Compra Pública de Innovación (CPI) denominado CENTRO GALEGO DE SOLUCIÓNS INNOVADORAS ARREDOR DA CADEA DE VALOR DO H2 VERDE
- Os recursos existentes na Comunidade Autónoma
- O seu potencial industrial
- O coñecemento dispoñible
O desenvolvemento das novas tecnoloxías orientadas a impulsar a transición cara a unha economía verde e sustentable supón unha oportunidade extraordinaria para aproveitar plenamente o potencial en eidos tan relevantes coma o H2 Verde.
Por todo iso, preténdense identificar e desenvolver solucións innovadoras, non comerciais, que permitan satisfacer as limitacións actuais configurando varios retos que se trasladarán ao mercado.
RETOS DO PROGRAMA
Os retos do programa CENTRO GALEGO DE SOLUCIÓNS INNOVADORAS ARREDOR DA CADEA DE VALOR DO H2 VERDE fundaméntanse, polo tanto, en impulsar o desenvolvemento de actuacións de innovación para contribuír á mellora dos servizos públicos. Por iso, apóstase pola Compra Pública de Innovación (CPI) que se centrará na solución dos seguintes retos:
A Secretaría Xeral de Industria convoca o evento de presentación da consulta preliminar ao mercado asociado ao proxecto de Compra Pública de Innovación (CPI), ao que se pode asistir previa inscrición.
Descarga as presentacións aquí:
ENTIDADES REXISTRADAS NA XORNADA DE PRESENTACIÓN DA CPI
Pode consultar aquí as entidades rexistradas na xornada de presentación da CPI que autorizaron expresamentea publicación da súa participación
Queres participar nas consultas preliminares ao mercado?
Consulta aquí toda a documentación de interese
Este proxecto será susceptible de ser financiado a través da liña FID do Ministerio de Ciencia e innovación no marco do Programa Operativo Plurirrexional FEDER 2021-27.