A Alianza Industrial do Hidróxeno Verde é unha estratexia de colaboración público-privada coa finalidade de facer de Galicia unha rexión de referencia internacional no desenvolvemento da cadea de valor do H2 renovable

Obxectivos da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde

  • 1

    Mapear os diferentes actores da industria co obxectivo de analizar as capacidades do tecido industrial de Galicia e fomentar colaboracións e proxectos conxuntos, con compromisos de fixación no territorio.

  • 2

    Impulsar a colaboración público-privada.

  • 3

    Apoiar a introdución do H2 Verde nos segmentos de grandes consumidores, economía doméstica e mobilidade.

  • 4

    Potenciar o uso do H2 verde como vector de acumulación enerxética en sectores tales como o eólico terrestre e mariño.

  • 5

    Fomentar o uso de recursos naturais autóctonos.

  • 6

    Impulsar o talento e a formación cualificada.

  • 7

    Promocionar a I+D+I e as solucións innovadoras en materia de H2 verde.

  • 8

    Solicitar cambios regulatorios que contribúan o desenvolvemento sectorial.

  • 9

    Deseñar e impulsar instrumentos de apoio, especialmente a través de fondos europeos.

  • 10

    Impulsar o corredor atlántico do hidróxeno verde.

Membros

A Alianza, que nace cun espírito aberto a adhesión de novos membros, representa actualmente o acordo de 10 asociacións/clústeres representantes dos intereses máis de 700 empresas, empresas tractoras, centros de coñecemento (as tres universidades galegas e os centros tecnolóxicos), os axentes sociais, as autoridades portuarias da Coruña, Ferrol e Vigo e a Xunta de Galicia.

EMPRESAS
CLÚSTERES E ASOCIACIÓNS
CENTROS DE COÑECEMENTO E AXENTES SOCIAIS
ADMINISTRACIÓN

Co obxectivo de asegurar o despregamento, seguimento e avaliación da estratexia de colaboración público-privada, considérase necesario a formalización da estrutura organizativa e a conseguinte definición dos órganos de gobernanza.

Organigrama

Co obxectivo de asegurar o despregamento, seguimento e avaliación da estratexia de colaboración público-privada, considérase necesario a formalización da estrutura organizativa e a conseguinte definición dos órganos de gobernanza.

Organigrama
Imaxe

PROGRAMA CPI DA INDUSTRIA E DA ENERXÍA DE GALICIA

Máis información