Sabías que ...a captación de fondos europeos para I+D+i multiplicouse por cinco nos últimos anos?

Incentivamos a transferencia de resultados da investigación, de coñecemento e das capacidades tecnolóxicas ao mercado para mellorar a competitividade das empresas.

Axudámosche a innovar

Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.

Transferir os resultados da investigación ao mercado

A valorización do coñecemento tradúcese na capacidade de xerar propostas empresariais innovadoras e intensivas en coñecemento a partir da investigación ou da propia experiencia empresarial, dándolle utilidade económica e social.

Polo Aeroespacial de Galicia

A través do Polo Aeroespacial de Galicia, a Xunta aposta de xeito decidido por xerar coñecemento e pegada industrial arredor dun sector de alto valor engadido como é o sector aeronáutico; en concreto, no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados.

Programa de Deseño para a Innovación

O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA é a aposta polo deseño como ferramenta de transformación económica e social en Galicia.

Combina os obxectivos de innovación para a competitividade empresarial coa innovación responsable e social para contribuír á sostibilidade e ao benestar das persoas.

Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía

A Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia é o compromiso decidido da Xunta de Galicia por afianzar as accións de impulso e fortalecer as bases para afrontar con garantías o período ata 2025. Galicia busca así situarse estratexicamente en posicións de liderado nunha das áreas con maior proxección económica, científico-tecnolóxica e social durante a próxima década.