Sabías que ... Galicia conta con aceleradoras especializadas en sectores como a automoción, o agroalimentario ou o aeroespacial?

Favorecemos o emprendemento, achegando liquidez para o desenvolvemento da actividade empresarial que teñas en mente, proporcionándoche información sobre os trámites de constitución dunha empresa, o plan de negocio, a elección da forma xurídica, as ferramentas para emprender, etc.

Participar en accións formativas do Igape

Organizamos diferentes actividades formativas directamente ou colaborando con distintas entidades (concellos, universidades, consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asociacións empresariais…) destinadas a fomentar a creación, maduración e consolidación de empresas así como a difundir a cultura emprendedora na nosa Comunidade.

Cara a unha boa regulación económica

Se es unha empresa, autónomo/a ou emprendedor/a podes achegarnos as túas propostas para impulsar unha Galicia con menos barreiras burocráticas.

Lei de simplificación e reactivación

Unha lei que pon facilidades ao investimento empresarial en Galicia.

 

Catálogos

Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.

Programa ReAcciona

A través do programa ReAcciona, a Xunta de Galicia promove o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de persoas expertas en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación.