Sabías que ...podes achegarlle as túas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para participar no deseño da súa oferta formativa?

Apoiamos as federacións, asociacións e outras entidades sectoriais formadas por empresas, profesionais, consumidores, etc. para que, grazas ao noso asesoramento e ás liñas de axuda dispoñibles, poidan ver melloradas as súas estruturas produtivas, procesos de distribución e comercialización, liñas de investigación...

Participar en accións formativas de artesanía

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal.

Organizacións de consumidores e usuarios

As organizacións de consumidores e usuarios son entidades de carácter privado, independentes, e constituídas sen ánimo de lucro.

Apoio aos clústeres

Promovemos unha estratexia de traballo en común cos clústeres galegos para ofrecer unha imaxe conxunta cara ao exterior, buscar socios para proxectos europeos, formar para acadar a excelencia na xestión dos clústeres e habilitar novos espazos compartidos para xerar novas sinerxías.