Sabías que ... a Xunta avanza na transición enerxética a través de proxectos de economía circular e dun aproveitamento eficiente e sostible dos recursos naturais para contar cunha Galicia cada vez máis verde?

Impulsamos iniciativas para o fomento do uso racional da enerxía, optimizando a súa xestión nos distintos eidos económicos e desenvolvemos actuacións para a mellora da investigación enerxética en Galicia.

Como conseguir financiamento

A través da posta a disposición de préstamos e microcréditos, así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Programa CPI da industria e da enerxía de Galicia

Programa de Compra Pública de Innovación (CPI) cuxo principal obxectivo é fomentar a investigación e desenvolvemento de solucións innovadoras en torno ao hidróxeno verde. 

Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial

Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Organismos de control (OCAs) para a seguridade industrial

Os organismos de control son aquelas persoas físicas ou xurídicas que, tendo capacidade de obrar e dispoñendo dos medios técnicos, materiais e humanos e da imparcialidade e independencia necesarias, poden verificar o cumprimento das condicións e requisitos de seguridade establecidos nos regulamentos de seguridade para os produtos e instalacións.

Guía divulgativa de parques eólicos

A Xunta de Galicia busca mellorar a información sobre a tramitación dos parques eólicos e facela máis accesible.

Certificación enerxética de edificios

Desde o martes 21 de xaneiro de 2014 o responsable dos procedementos relacionados ca certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia é o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Catálogos

Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.