Favorecemos o emprendemento, achegando liquidez para o desenvolvemento das actividades empresariais, proporcionando información sobre os trámites de constitución dunha empresa, o plan de negocio, a elección da forma xurídica, as ferramentas para emprender etc.
Concellos emprendedores
A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas.
Catálogos
Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.