Apoiamos ao sector industrial apostando pola optimización dos procesos produtivos e a profesionalización e seguridade dos seus traballadores/as.
Solicitar unha marca ou nome comercial
Na oficina do Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi), da Axencia Galega de Innovación, poderá rexistrar, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial e calquera documentación necesaria para solicitar ou manter os seus dereitos sobre invencións (Patentes e Modelos de utilidade), marcas e nomes comerciais, deseños industriais e topografías de produtos semiconductores.
Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial
Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Consultar tarxetas de inspección técnica
Para solicitar datos dunha Tarxeta de Inspección Técnica, prema en páxina web de Consulta de Tarxetas de Inspección Técnica. Abrirase unha páxina inicial onde deberá identificarse, introducindo o seu código de usuario e contrasinal de acceso. Para calquera dúbida durante o proceso, consulte o Manual de consulta de datos TIT.
Organismos de control (OCAs) para a seguridade industrial
Os organismos de control son aquelas persoas físicas ou xurídicas que, tendo capacidade de obrar e dispoñendo dos medios técnicos, materiais e humanos e da imparcialidade e independencia necesarias, poden verificar o cumprimento das condicións e requisitos de seguridade establecidos nos regulamentos de seguridade para os produtos e instalacións.
Realizar xestións e trámites na oficina virtual
A Oficina Virtual de Industria é a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Empresas rexistradas no ámbito da seguridade industrial
Consulta de empresas habilitadas no ámbito da seguridade industrial (instalacións de electricidade, gas, calefacción etc.) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obter unha declaración responsable
Os cambios no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, etc.) incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos).
Obter un carné ou habilitación profesional
Os cambios no que respecta aos carnés profesionais incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos)
Documentos sometidos a información pública
Documentación de expedientes en tramitación sometidos a información pública (en período de alegacións).
Autorizacións administrativas
Consulte as autorizacións administrativas en materia de instalacións eléctricas (de distribución e transporte), de xeración, de gas e de recursos mineiros.
Documentación ambiental
Consulte as declaracións de impacto ambiental e os plans de vixilancia en materia de instalacións eléctricas, de xeración e de gas.