Realizar xestións e trámites na oficina virtual

Compartir
Fonte de información: Oficina Virtual de Industria

A Oficina Virtual de Industria é a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Baséase en dúas cuestións importantes, por un lado na acreditación das partes que se relacionan e intercambian documentos ou informacións electrónicas, garantindo a súa identidade, integridade e autenticidade (certificados electrónicos) e por outro na dispoñibilidade dun "rexistro" que acredite e certifique estas transaccións, o "Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia".

Sobre estas dúas realidades aséntase un complexo catálogo de documentos, aplicacións e ferramentas informáticas que posibilitan dende o envío de solicitudes, documentos, ou datos, ata efectuar pagos, ou realizar consultas, en definitiva o conxunto de servizos, trámites ou xestións, que configuran o que se denomina a "Administración electrónica".

Toda a información

Organización/s: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Tema/s: Industria
Colectivo/s: Instalación industrial