Sabías que ...o Laboratorio de Consumo recibe unha media de 700 solicitudes de análise de produtos ao ano?

Poñemos a disposición das empresas e profesionais os centros onde se avalían e analizan produtos industriais coa metroloxía legal e industrial.

Laboratorio de Consumo de Galicia

É o centro no que se realizan as análises e os ensaios sobre produtos industriais non alimenticios presentes no mercado, co fin de avaliar a súa conformidade coas regulamentacións técnicas referidas tanto á calidade como á seguridade.

Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia - LOMG

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), integrado na Secretaría Xeral de Industria da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, é un centro que apoia con carácter horizontal ao tecido industrial galego en actividades relacionadas coa medida, a través dunha ampla carteira de servizos tecnolóxicos (de calibración, medida, ensaio, control metrolóxico do Estado de determinados instrumentos, asesoramento e formación).