Promovemos os investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio.
Investir en Galicia
A Xunta impulsa a captación de investimentos estranxeiros con 2 millóns de euros para atraer novos proxectos e para a creación dunha comisión que avaliará potenciais investidores.
Equilibrar o territorio
Son varias as liñas de axudas específicas que a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, ten dispoñibles para a dinamización do tecido empresarial. Teñen por obxecto achegar riqueza e equilibrio socioeconómico a determinadas zonas do territorio.
Lei de simplificación e reactivación
Unha lei que pon facilidades ao investimento empresarial en Galicia.