Administramos os rexistros específicos de empresas, entidades de formación, carnés e habilitacións profesionais en materia de seguridade industrial e a instalación, a ampliación e o traslado das industrias e as instalacións industriais.
Programa CPI da industria e da enerxía de Galicia
Programa de Compra Pública de Innovación (CPI) cuxo principal obxectivo é fomentar a investigación e desenvolvemento de solucións innovadoras en torno ao hidróxeno verde.
Atlantic Offshore Wind Energy
Desde a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación, poñemos en marcha un programa pioneiro na enerxía eólica mariña.
Rede de viveiros industriais
Un viveiro industrial de empresas é un espazo físico para o nacemento de novas empresas de carácter industrial no cal se ofrecen as condicións e os servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación das empresas durante un tempo limitado.
Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde
A Alianza é unha estratexia de colaboración público-privada coa finalidade de facer de Galicia unha rexión de referencia internacional no desenvolvemento da cadea de valor do hidróxeno renovable.
Solicitar unha marca ou nome comercial
Na oficina do Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi), da Axencia Galega de Innovación, poderá rexistrar, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial e calquera documentación necesaria para solicitar ou manter os seus dereitos sobre invencións (Patentes e Modelos de utilidade), marcas e nomes comerciais, deseños industriais e topografías de produtos semiconductores.
Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)
As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.
Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial
Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Entidades habilitadas para impartir cursos de formación específica de protección contra incendios
O Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios establece no seu anexo III, apartado 1, que as empresas instaladoras e/ou mantedoras de instalacións de protección contra incendios deberán contar dentro do seu persoal contratado, como mínimo, cun operario cualificado para cada un dos sistemas para os que están habilitadas, podendo un mesmo operario estar cualificado para un ou varios sistemas.
Consultar tarxetas de inspección técnica
Para solicitar datos dunha Tarxeta de Inspección Técnica, prema en páxina web de Consulta de Tarxetas de Inspección Técnica. Abrirase unha páxina inicial onde deberá identificarse, introducindo o seu código de usuario e contrasinal de acceso. Para calquera dúbida durante o proceso, consulte o Manual de consulta de datos TIT.
Organismos de control (OCAs) para a seguridade industrial
Os organismos de control son aquelas persoas físicas ou xurídicas que, tendo capacidade de obrar e dispoñendo dos medios técnicos, materiais e humanos e da imparcialidade e independencia necesarias, poden verificar o cumprimento das condicións e requisitos de seguridade establecidos nos regulamentos de seguridade para os produtos e instalacións.
Realizar xestións e trámites na oficina virtual
A Oficina Virtual de Industria é a ferramenta que a Comunidade Autónoma de Galicia pon a disposición da cidadanía e das empresas como porta de acceso á información actualizada e servizos on-line relacionados cos procedementos vinculados á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Empresas rexistradas no ámbito da seguridade industrial
Consulta de empresas habilitadas no ámbito da seguridade industrial (instalacións de electricidade, gas, calefacción etc.) na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obter unha declaración responsable
Os cambios no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, etc.) incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos).
Obter un carné ou habilitación profesional
Os cambios no que respecta aos carnés profesionais incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos)
Gases fluorados
Consulte aquí toda a información sobre o rexistro de certificados para a manipulación de gases fluorados, as certificacións de empresas, as de persoal para a manipulación de gases fluorados, a autorización de distribuidores de halóns e os centros autorizados.
Documentos sometidos a información pública
Documentación de expedientes en tramitación sometidos a información pública (en período de alegacións).
Autorizacións administrativas
Consulte as autorizacións administrativas en materia de instalacións eléctricas (de distribución e transporte), de xeración, de gas e de recursos mineiros.
Documentación ambiental
Consulte as declaracións de impacto ambiental e os plans de vixilancia en materia de instalacións eléctricas, de xeración e de gas.