A través do Servizo Galego de Propiedade Industria (Segapi), poderá rexistrar, ao amparo dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial e calquera documentación necesaria para solicitar ou manter os seus dereitos sobre invencións (Patentes e Modelos de utilidade), marcas e nomes comerciais, deseños industriais e topografías de produtos semiconductores.
A propiedade industrial é un conxunto de dereitos exclusivos que protexen tanto a actividade innovadora manifestada en novos produtos, novos procedementos ou novos deseños, como a actividade mercantil, mediante a identificación en exclusiva de produtos e servizos ofrecidos no mercado. O Segapi ofreceralle información sobre cuestións relacionadas coa propiedade Industrial:
O Segapi é unha unidade da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial dentro do Servizo de Administración Industrial (Segapi), dependente da Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial.
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n - 3º andar (Edificio Igape)
15781 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 957 390
Correo-e: infosegapi.industria@xunta.gal