Laboratorio de Consumo de Galicia

Compartir
Fonte de información: Instituto Galego do Consumo e da Competencia

É o centro no que se realizan as análises e os ensaios sobre produtos industriais non alimenticios presentes no mercado, co fin de avaliar a súa conformidade coas regulamentacións técnicas referidas tanto á calidade como á seguridade.

Actualmente o Laboratorio de Consumo de Galicia analiza e controla os produtos industriais, agrupados nas seguintes liñas de actuación:

  • Lixivias e produtos de limpeza.
  • Fibras e produtos téxtiles.
  • Material de aparatos eléctricos e pequeno electrodoméstico.
  • Xoguetes e material escolar.
  • Artigos de puericultura.
  • Produtos electrónicos.

Contactos relacionados

  • Teléfono de información ao consumidor

    Teléfono: 900 231 123

Organización/s: Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Tema/s: Consumo
Colectivo/s: Laboratorios; Consumidor/a
Feitos vitais: Presentar unha reclamación