O Real decreto 1247/1995, de 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos, contén as disposicións de carácter xeral en materia de vehículos históricos. Entre os requisitos exixibles para que un vehículo teña a consideración de histórico, a mencionada norma fai referencia á previa inspección por un laboratorio oficial acreditado polo órgano competente da Comunidade Autónoma e a resolución favorable de catalogación do vehículo como histórico, ditada polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
Para dar cumprimento ao disposto no citado real decreto, por Orde do 17 de xuño de 1996 establecéronse os requisitos para a acreditación de laboratorios oficiais de vehículos históricos e a catalogación de ditos vehículos.
No apartado “Ligazóns relacionadas” desta páxina pódese consultar a listaxe actual das entidades acreditadas pola Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia como laboratorios oficiais de vehículos históricos.