Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial

Compartir

Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Esta orde ten por obxecto regular os procedementos que afecten ás entidades recoñecidas que imparten cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial, establecendo as condicións e requisitos que se deben observar para a súa actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os procedementos asociados son:

  • IN612A - Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial. Comunicación previa. Presentación electrónica exclusivamente.
  • IN612B - Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial. Comunicación previa. Presentación electrónica ou presencial en Rexistro (esta opción só para persoas físicas).
  • IN612C - Comunicación de inicio de cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial. Comunicación previa. Presentación electrónica exclusivamente.

Os procedementos IN612A e IN612C realizaranse unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia. O pagamento da taxa administrativa só é posible electronicamente durante a presentación desde a ligazón que aparece no propio formulario de solicitude.

O procedemento IN612B admite a presentación electrónica ou presencial en Rexistro (esta opción só para persoas físicas). A liquidación da taxa pode realizarse:

  • Por vía telemática, a través da páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) seleccionando o apartado Acceso á Oficina Virtual.
  • Mediante unha folla normalizada que pode atopar en calquera oficina da Xunta de Galicia, nas entidades financeiras colaboradoras ou a través da páxina web da Atriga (Modelo AI. Autoliquidación de Tasas).

Pode consultar toda a información sobre taxas e entidades financeiras colaboradoras na páxina web da Atriga, no apartado "Taxas e prezos".