A valorización do coñecemento tradúcese na capacidade de xerar propostas empresariais innovadoras e intensivas en coñecemento a partir da investigación ou da propia experiencia empresarial, dándolle utilidade económica e social.
Concrétanse a miúdo a través de procesos de spin-off e start-ups, na comercialización dos resultados de investigación a través da xestión da propiedade intelectual e da transferencia de tecnoloxía.
Neste eido, a Xunta conta con programas como o Ignicia, en colaboración coa Fundación Barrié, ou as Unidades Mixtas de Investigación, que impulsan a cooperación entre empresas e centros de coñecemento.
Correo-e: gain@xunta.es