ACORDO do 6 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental cos correspondentes planos e orzamento, para a ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Olveiro, número 26, situada no concello de Carballo (A Coruña), promovida por Construcciones López Cao, S.L.

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 01/09/2025 - 10/10/2025

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Minas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG