Explotacións mineiras
Temos dispoñibles para consulta 179 expedientes
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial da Coruña
ACORDO do 2 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) San Mamede, número 170, situada no concello de Mesía, promovido pola entidade Tejas Verea, S.A.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial da Coruña
ACORDO do 27 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da autorización de explotación Cal de Xandía, número 2 (AC/A/0002), situado no concello de Arteixo (A Coruña), promovido pola sociedade Crespo Barros, S.L.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Ourense
ACORDO do 28 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración presentados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Carregal número 361, no concello de Leiro, provincia de Ourense
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial da Coruña
ACORDO do 2 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Verea, número 7183 (AC/C/7183), situada no concello de Mesía, promovido pola sociedade Tejas Verea, S.A.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial da Coruña
ACORDO do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da ampliación de superficie da concesión de explotación Serrabal, número 6073, situada nos concellos de Vedra e Boqueixón (A Coruña), promovida por Ferroglobe Ramsa Mining, S.A.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial da Coruña
ACORDO do 27 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A de Monte da Costa, número 8, situada no concello de Arteixo (A Coruña), promovida por Lista Granit, S.A.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Ourense
ANUNCIO do 29 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de ampliación da declaración mineromedicinal e termal das augas do antigo balneario As Caldas ás procedentes da sondaxe denominada P2, no concello de Ourense.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Pontevedra
ANUNCIO do 20 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o anexo II-Proxecto de abandono definitivo de labores e Plan de restauración da C.E. Vilafría número 1544.3 (PO/C/01544.3), situada no termo municipal do Porriño.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Pontevedra
ANUNCIO do 9 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o proxecto de ampliación do Plan de restauración na concesión de explotación Berducido número 2661 (PO/C/2661), concellos de Pontevedra e Barro, provincia de Pontevedra.
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Departamento Territorial de Pontevedra
ANUNCIO do 6 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a documentación relativa á prórroga da concesión de explotación Forna número 2342 (PO/C/02342) situada no concello do Porriño, provincia de Pontevedra.