ACORDO do 27 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A de Monte da Costa, número 8, situada no concello de Arteixo (A Coruña), promovida por Lista Granit, S.A.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 05/08/2026 - 15/09/2026
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Minas deste Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- Proyecto de Explotación Ampliación de la unidad de explotación ‘Monte da Costa’ Nº8. Arteixo (A Coruña)
- Plan de Restauración Ampliación de la unidad de explotación ‘Monte da Costa’Nº 8
- Estudio de Impacto Ambiental Ordinario del Proyecto de Ampliación de la unidad de explotación Monte da Costa, nº8 Arteixo (A Coruña)
Anuncios no DOG
- ACORDO do 27 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da autorización de aproveitamento de recursos da sección A de Monte da Costa, número 8, situada no concello de Arteixo (A Coruña), promovida por Lista Granit, S.A.