ACORDO do 27 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da autorización de explotación Cal de Xandía, número 2 (AC/A/0002), situado no concello de Arteixo (A Coruña), promovido pola sociedade Crespo Barros, S.L.
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 23/09/2026 - 04/11/2026
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Minas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
Documentos relacionados
- PROYECTO DE ACTUALIZACIÓN DEL PLAN DE RESTAURACIÓN DE LA CANTERA “CAL DE XANDÍA” N.º 2, ARTEIXO (A CORUÑA)
Anuncios no DOG
- ACORDO do 27 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da autorización de explotación Cal de Xandía, número 2 (AC/A/0002), situado no concello de Arteixo (A Coruña), promovido pola sociedade Crespo Barros, S.L.