ACORDO do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da ampliación de superficie da concesión de explotación Serrabal, número 6073, situada nos concellos de Vedra e Boqueixón (A Coruña), promovida por Ferroglobe Ramsa Mining, S.A.

Estado actual: en fase de envío de suxestións

Prazo para remitir achegas/opinións: 28/08/2026 - 08/10/2026

As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á Sección de Minas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña),  conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015
Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
a) No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Documentos relacionados