ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental presentados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Santa Eulalia, número 217, situada no termo municipal de Lugo
Estado actual: en fase de envío de suxestións
Prazo para remitir achegas/opinións: 30/03/2026 - 13/05/2026
Durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental estarán á disposición do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentos relacionados
- Proxecto de explotación, plan de restauración e estudo de impacto ambiental
Anuncios no DOG
- Anuncio publicado no DOG o día 27/03/2026