RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a modificación da autorización e o plan de restauración da explotación de recursos da sección A) denominada “Os Boedos” número 232, situada no termo municipal de Begonte na provincia de Lugo

Compartir
Actualizado o: 02 marzo 2022

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta: 19/01/2022 - 02/03/2022

Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o Plan de restauración e a documentación anexa estarán dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no portal web da devandita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacionsmineiras).
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tema/s: Recursos mineiros
Organización/s: Xefatura Territorial de Lugo