RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) denominada “Ampliación a San Acisclo” núm. 4076, situada no termo municipal de Muras, na provincia de Lugo
Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións
Prazo no que estivo aberta a consulta: 21/01/2022 - 04/03/2022
Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no portal web da devandita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacionsmineiras).
As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.