ACORDO do 18 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, achegados xunto coa solicitude de outorgamento da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) denominada El Imperio II, número 367, presentada por Explotaciones del Eo, S.L., situada no termo municipal de Trabada, na provincia de Lugo

Estado actual: pechada a fase de envío de suxestións

Prazo no que estivo aberta a consulta : 19/06/2023 - 31/07/2023

Durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración están dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, e no portal web da dita consellería, https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras.

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos relacionados

Anuncios no DOG